Desde as primeiras reunións en outubro de 2001 na cidade de Vigo, sete artistas forman un embrión de asociación que, con ganas de facer cousas en común, non deixou de dinamizarse e ampliar o grupo dos que comparten un traballo apaixonante para todos como é a arte nas súas distintas modalidades: pintura, gravado, escultura, fotografía e incluíndo a relación con literatura e poesía.
Na actualidade este grupo está xa integrado por 70 artistas en todos estes apartados.
Desemboca o proxecto na Asociación de Artistas Plásticos Galegos, cuxo logo, unha vez rexistrado, queda como ARGA. Legalízanse entón os seus estatutos no 2002, comezando así o seu xa ampla andaina.
A Xunta Directiva márcase un obxectivo claro desde o comezo, que consiste en establecer relacións con institucións, tanto públicas como privadas, realizando feiras de arte, exposicións, simposios, edición de catálogos, certames de pintura, participación en distintos encontros de pintores e poetas, viaxes culturais, etc. así como dispoñer dunha sala de exposicións permanentemente. Despois de comezar a súa andaina en Santiago de Compostela, pasando posteriormente por Ou Milladoiro, decídese trasladar a súa sede social á Coruña, situándoa na céntrica rúa Real e inaugurando a súa galería de Arte. Despois de dous anos trasládase á rúa San Andrés e inaugura a actual sede e galería de arte ARGA. Nesta sala os socios expoñen de maneira ininterrompida.
Facendo un reconto dos distintos proxectos realizados, poderiamos destacar os seguintes:
Feira de Artes Plásticas
Este ano 2014 celebrouse a XIII edición co que se superan en máis de 30 as realizadas nas cidades máis importantes de Galicia.
Simposio Nacional de Acuarela
Coa participación de máis de 200 acuarelistas de toda España, por primeira vez celebrouse en Galicia este importante evento, ocupando durante tres días as rúas de Santiago e Porto do Son, con pintura ao aire libre creando un ambiente único nun ano Xacobeo.
Artencontro 2010
Igualmente durante tres días reuníronse en Santiago e A Coruña máis de setenta artistas de toda España, Portugal e Hispanoamérica, traballando distintas disciplinas plásticas, compartindo exposicións e experiencias.
Certames de Pintura:
O Certame de Pintura Arte Nova Galega, patrocinado polo Corte Inglés, que celebrou, polo momento, cinco edicións.
Certame de Pintura Rápida Cidade Vella da Coruña.
Forma parte de xurados de certames de Pintura rápida que a Cámara Mineira organiza por toda Galicia, Concello de Noia e Escola de Arte Pablo Picasso da Coruña.
Paleta de Prata ARGA:
En 2004 créase a distinción Paleta de Prata Arga, para homenaxear aos artistas que por traballo e traxectoria haxan engrandecido a arte e a cultura en Galicia. Os homenaxeados foron, ata o momento, Alfonso Costa Beiro, Antonio García Patiño, Manuel Ayaso, Rafael Úbeda, Emilio Celeiro e Pedro Bo Salto. Todos eles desde ese mesmo momento pasan a converterse en socios de Honra da Asociación. Tamén se crea a insignia de ouro da Asociación.
Exposicións:
Son innumerables as exposicións realizadas tanto individuais como colectivas, na sede e outras entidades, con edición de catálogos para o efecto.
Anualmente celébranse algunhas exposicións colectivas temáticas. Dentro destas resaltaremos a dedicada ao MAR, organizada en colaboración coa “Fundación CaixaGalicia” e celebrada no mes de agosto de 2012 na sede da “Fundación” no Cantón Grande da Coruña, na sala “O cubo” da terceira planta. Foi unha das máis visitadas na historia desa entidade.
Viaxes:
Programáronse viaxes de carácter cultural cunha gran asistencia: Museo de Belas Artes de Oviedo, Museo Guggenheim de Bilbao e a exposición “O Hermitage no Prado” en Madrid. O propósito é realizar polo menos unha viaxe ao ano.
Encontros de Artistas de ARGA no Pazo de Mariñán.
Coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, celébranse no Pazo de Mariñán os “ Encontros de Artistas de ARGA-Espírito de Mariñán”. No ano 2014 desenvolveuse a VI edición.
Outros eventos culturais
En el año 2012 la Asociación de Artistas Plásticos Galegos organizó, en colaboración con la Deputación de A Coruña, el curso de la UIMP (Universidad Internacional Menéndez Pelayo) titulado «Arte Gallego Contemporáneo en la Naturaleza», que se desarrolló en las instalaciones del Pazo de Mariñán. En esta año se publicó la Guía de Artistas ARGA 2012.
En decembro de 2013 organízase a 1ª Feira de Arte de Inverno de ARGA (Mercadillo da arte) na súa propia galería de San Andrés, con gran éxito de vendas e público. E no verán de 2014, o I Mercadillo Solidario, en colaboración, nesta ocasión, coa Cociña Económica da Coruña.
Tamén celebra a asociación, para estreitar os lazos entre os seus asociados, comidas de confraternidade.
Institucións públicas e privadas:
ARGA colaborou, ao longo do tempo, coa Consellería de Cultura @de la Xunta de Galicia, Xacobeo 2004, Deputación da Coruña, Concellería de Cultura do Concello da Coruña, Concellos de Vigo, Santiago, Lugo, Ourense, Culleredo, Porto do Son, Noia, Brión, Viveiro, Foz, etc. E fíxoo tamén con entidades privadas como O Corte Inglés, Coca Cola, Gadisa, Caixa Nova ou Caixa Galicia (hoxe Abanca).
ARGA
Asociación de Artistas Plásticos Galegos