Arga | ASOCIACIÓN DE ARTISTAS PLÁSTICOS GALEGOS

Arga | ASOCIACIÓN DE ARTISTAS PLÁSTICOS GALEGOS

Asociación de Artistas Plásticos Galegos

ASOCIACIÓN DE ARTISTAS PLÁSTICOS GALEGOS: Pintura, grabado, escultura, fotografía e incluyendo la relación con literatura y poesía.

  • Inicio
  • Arga
    • Sobre Arga
    • Directiva
    • Cómo asociarse
    • Estatutos
  • Actividades
  • Artistas
  • Noticias
  • Contacto
  • gl_ES
  • es_ES

Cómo asociarse

CONDICIÓNS PARA SER SOCIO DE ARGA

  1. Poderán ser membros da asociación todos os artistas maiores de idade residentes en España que dalgunha maneira teñan interese en servir aos fins da mesma e sexan admitidos polo Comité de Admisión de Socios designado pola Xunta Directiva quen determinará se o solicitante reúne as condicións mínimas de calidade artística para ser admitido.
  2. Solicitude por escrito dirixida á asociación e presentada no domicilio da súa sede debidamente asinada, así como dun arquivo con fotografías da obra actual e currículo. Na solicitude, no seu caso, deberá figurar o nome do asociado que o presenta.
  3. Unha vez admitida a solicitude deberá entregarse na Sede de Arga unha autorización bancaria.
  4. En concepto de cota de entrada deberá abonarse 200 euros que serán ingresados na conta bancaria da asociación co primeiro recibo do mes seguinte á solicitude. Previa solicitude poderá diferirse este pago en catro mensualidades (esta cota está bonificada no 50 % no caso de menores de 30 anos).
    Os familiares dos asociados, en primeiro grao, están exentos do pago da cota de entrada.
  5. A cota mensual será de 25 euros, e de 15 euros para os mozos menores de trinta anos.
  6. Se se producise algunha devolución de recibos o asociado queda obrigado a ingresar na conta bancaria da asociación a cota devolta máis os gastos de devolución.
  7. A devolución de tres cotas consecutivas supoñerá, salvo causa xustificada, a expulsión da asociación.
  8. Os membros da asociación quedan obrigados a respectar cantas normas e proxectos aprobe a Xunta Directiva así como os acordos adoptados pola Asemblea Xeral.
  9. Para participar en proxectos ou eventos organizados pola asociación e en caso de haber prazas limitadas, a orde de selección será:
    1. Estar ao día no pago de cotas
    2. Data de solicitude e pago do evento.
    3. Antigüedad na asociación.

Podes descargar o PDF para a inscrición aquí

Footer Hero Widget

Subscríbete ao boletín mensual

Revisa tu bandeja de entrada o la carpeta de spam para confirmar tu suscripción.

  • Aviso legal
  • Política de privacidad y cookies