Montevideo, 1959. Reside na Coruña. Licenciado en Xeografía e Historia pola U.N.E.D., onde realizou os cursos de doutorado en Historia Medieval. É membro de diversas entidades culturais e científicas.
Ten publicado máis dunha ducia de libros e uns 150 de artigos de historia, poemas ou outras temáticas en xornais, revistas especializadas, actas de congresos e libros colectivos.
Formou parte do colectivo poético coruñés “Os Habitantes do Lago”, cursou estudos varios anos no Conservatorio de Música da Coruña e foi tamén un dos fundadores do Grupo de Teatro “Maiolongo” de Culleredo (1976).
No ano 2011 obtivo o 1º premio do Certame Literario Concello de Vilalba co seu poemario” Río Alzheimer”, e, xunto coa historiadora Ana Romero Masiá, o Premio Luis Tilve de Investigación e Divulgación Histórica polo seu libro “Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizos da República”.
En 1986 realizou a súa primeira exposición individual. Ilustrou números de revistas como “Ó Loro”, “Os Habitantes do Lago” ou “Galería”, deseñando así mesmo diversos carteis, revistas e folletos. Membro cofundador do Grupo de gravadores “Suevia”, formou parte tamén do Grupo “Crise” e na actualidade é presidente da Asociación de Artistas Plásticos de Galicia (ARGA).
Realizoo cursos de gravado cos artistas Isabel Pintado ou Alfonso Costa.
Tense ocupado, en textos publicados en libros, folletos e catálogos de exposicións, da obra de artistas como Manuel Romero, Alfredo Erias, Secundino Rivera, Manuel Gandullo, María Xosé Leira, Emilio Celeiro, Ramón Astray, Luis Romero, Ángeles Jorreto, Lola Beade, Yolanda Dorda, Tino Poza, Manuel Ayaso, Alfonso Costa ou Soledad Penalta, entre outros.
Participou en diversas edicións dos “Encontros de Pintura e Poesía”, organizados pola Deputación da Coruña no Pazo de Mariñán ou os Concellos de Brión e Culleredo, así como en Encontros de Montaña en Póboa de Trives ou Maceda.
Últimas exposicións individuais
2003
- Centro de Interpretación do Castro de Baroña (Porto do Son).
2004
- Casa da Cultura de Miñortos (Porto do Son).
2005
- “Portas Ártabras” (A Coruña).
2010
- Sala “Francisco Creo” do Liceo de Noia (Noia).
2011
- Sala “Aurelio Aguirre” do Club do Mar de San Amaro (A Coruña)
2013
- Sala “Francisco Creo” do Liceo de Noia (Noia).
Últimas exposicións colectivas
2002
- Colectiva de gravado: “La Galería de Papel” (A Coruña).
2003
- Grupo “Suevia”: Centro Galego (Lisboa) e Livraría “Centésima Página” (Braga)
- Colectiva, con Celestino Poza: Sala “Xosé Rey Lago” (Culleredo).
2004
- Grupo “Suevia”: Liceo de Porriño
- Aula de Natureza “Juan Lembeye” (Culleredo)
- Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (Lugo)
- “Nadir. Camiño de Compostela”: Centro Galego (Lisboa)
- Convento dos Capuchos (Almada)
- Sala de exposicións municipal (Tui)
- Sala da Asociación de Empresarios de Compostela (Santiago)
- Sala “Xosé Rey Lago” e Aula de Natureza “Juan Lembeye” (Culleredo)
- Edificio Liceo (Betanzos).
2005
- Grupo “Crise”: Sala “Xosé Rey Lago” (Culleredo)
- “O Espírito de Mariñán”: Aula de Natureza “Juan Lembeye” (Culleredo)
- Colectiva de Nadal de ARGA: Club Financeiro (A Coruña).
2006
- I Encontro de Mariñán: Igrexa da Universidade (Santiago)
- II Encontro de Mariñán: Fundación Luis Seoane (A Coruña)
- Grupo “Crise”: Edificio Liceo (Betanzos)
2007
- Grupo “Crise”: Sociedade Liceo (Noia)
- Club Náutico de Portosín (Porto do Son)
- Sala “Xosé Rey Lago” (Culleredo)
- Colectiva “Penta-grama”: Casa da Cultura (Pobra do Caramiñal)
- Colectiva de Nadal: Club do Mar de San Amaro (A Coruña)
- “Encontro coa Arte. Homenaxe a Rosalía”: Balneario O Tremo (Brión)
2008
- Grupo “Crise”: Sala de Exposicións de “Toxos e Flores” (Ferrol)
2009
- “Encontro coa Arte. Lembrando a Blanco Amor”: Sala de Exposicións do Concello de Brión
- “Abanicos pro Fundación Vicente Ferrer”: Galería Atlántica, A Coruña
- “Cada paso conta”, de Acción contra a Fame: Fundación Torrente Ballester, Santiago
2010
- “Ti es eu, eu son ti, Haití”, de Acción contra a Fame: Museo de Pontevedra
- Alumnos/as do curso de Gravado calcográfico: Aula de Natureza “Juan Lembeye” (Culleredo)
- “Encontro coa Arte. Lembrando a Álvaro Cunqueiro”: Sala de Exposicións do Concello de Brión
- “Feito en Culleredo”, II: Sala de Exposicións “Xosé Rey Lago” (Culleredo)
2011
- Colectiva ARGA: Galería ARGA-Primeira Planta (A Coruña)
- Colectiva “8 (4+4)”: Sala “Francisco Creo” do Liceo de Noia (Noia)
2012
- “9 Artistas galegos en Trives”: Sala de exposicións do Concello de Póboa de Trives
2013
- Colectiva “O Urbano”: Sala ARGA (A Coruña)
- Colectiva “Con-cienciArte”: Sala “Francisco Creo” do Liceo de Noia (Noia)
- Colectiva “Fondos artísticos”: Sala “Aurelio Aguirre” do Club do Mar de San Amaro (A Coruña)
- Colectiva “16 anos de “CRISE”. 1997-2013”: Edificio Liceo (Betanzos)
- I Mercadiño de Nadal: Sala ARGA (A Coruña)
2014
- Colectiva “Amigos”: Edificio Liceo (Betanzos)
- Colectiva “SOMOS”: Ateneo Ferrolán (Ferrol)
- I Mercadiño Solidario: Sala ARGA (A Coruña)